Este venres celébrase na Coruña a xornada Galicia en Coworking

mércores, 14 de marzo do 2012 Raquel Noya

O vindeiro venres, 16 de marzo, o Edificio Ágora da Coruña vai acoller a celebración dunha xornada de coworking moi peculiar, que os responsables de ParqueWeb están a preparar convocando á xente a través da Rede.
O encontro desenvolverase entre as 16:00 e as 20:00 horas e nel reuniranse todos aqueles emprendedores e emprendedoras con grandes ideas que compartir, para tratar de sumar esforzos nun proxecto común de proveito.
A firma desenvolvedora de solucións web a medida, ParqueWeb, xa ten deseñado páxinas para Perro Verde Films, Tic Tac Producciones, Turismo da Coruña, Jacaba Coruña, a Federación Galega de Fútbol... así como para outros clientes de fora dos nosos lindes como o a Asociación Leonesa de Visitadores Médicos, Auditores Valencianos Asociados ou Turismo de Fuerteventura, entre outros.
Neste encontro presencial que vai ter lugar na Coruña, a xente de ParqueWeb agarda que coa suma do talento de todos, “se nos coñeza polo noso traballo” e se cumpra o de Galicia Calidade.
Para participar no evento é necesario rexistrarse antes na web, achegando os datos persoais e os obxectivos (o que ofreces ou o que buscas) a expoñer en Galicia en Coworking.

PUBLICIDADE