Este sábado celebrarase en Pontevedra o meirande torneo de Clash Royale de Galicia
mércores, 20 de decembro do 2017
O vindeiro sábado celebrarase en Pontevedra unha nova
edición da Festa HQR!, celebración do deporte base
local que desta volta incorpora como grande novidade o torneo máis grande de
Galicia de Clash Royale, un dos xogos
para dispositivos móbiles e tabletas máis populares.
Esta competición está organizada polo clan Estrela Galiza e Breogames Galicia e
desenvolverase na Carpa HQR! do Centro Galego de Tecnificación Deportiva a partires
das 17:00 horas, estando xa
aberta a inscrición (de balde) buscando que participen no torneo 200
xogadores de toda a xeografÃa galega.
O torneo terá formato de 1 hora todos contra todos, pasando os 32 primeiros a
formar as rondas eliminatorias (brackets)
que xogaranse ao mellor de 3 cun baneo
por parte do xogador perdedor. A final será ao mellor de 5 cun baneo por parte do xogador perdedor en
cada partida.
Esta competición de eSports será presencial, pero poderá seguirse en directo a
través da Internet, para o que contarán co caster Ferre33, quen narrará a
través da súa canle de YouTube o que acontece no torneo que premiará aos 4
primeiros postos con 100, 50, 35 e 15 euros respectivamente, e unha camiseta
conmemorativa para os 32 primeiros xogadores.
- A retransmisión do torneo a través de YouTube correrá a cargo de Ferre33