Este mes estará dispoñible Dead Rising 2: Case West

mércores, 1 de decembro do 2010 Marcus Fernández

Na pasada edición do Tokyo Game Show no mes de setembro Capcom anunciou que Frank West, protagonista da primeira entrega de Dead Rising, estaría presente na súa secuela a través dun novo capítulo descargable exclusivo para Xbox 360, no que unirá forzas con Chuck Greene nunha aventura cooperativa na que indagarán nunhas instalacións de Phenotrans sobre as razóns do estoupido zombi en Fortune City engadindo detalles do incidente de Willamette. Agora detallan que este mes será cando poderemos adquirir o mencionado DLC, Dead Rising 2: Case West, que parece un éxito seguro se atendemos ao feito de que o anterior capítulo deste tipo (Case Zero) superou a 500.000 copias en 2 semanas, mentres que o xogo completo superou os 2 millóns de unidades.

Frank West levará a súa cámara fotográfica neste novo capítulo descargable

Os seguidores desta saga estarán encantados de descubrir que neste novo capítulo de Dead Rising 2 o carismático Frank West levará a súa cámara fotográfica (un dos elementos máis orixinais do primeiro Dead Rising) e será o personaxe que controlemos, agás que un amigo queira cooperar manexando a Chuck Greene para botarnos unha man. En Case West non faltarán novas armas e ataques combinados, completando un contido descargable que moitos considerarán imprescindible.


O novo capítulo de Dead Rising 2 en acción

West e Greene colaborarán na masacre de zombis e nunha investigación sobre a infección

PUBLICIDADE