Este mes chega a España un dos mellores libros sobre a historia dos videoxogos

venres, 8 de xuño do 2018 Marcus Fernández

Replay: The History of Video Games é un libro de Tristan Donovan publicado en 2010 considerado como un dos repasos máis amplos da historia dos videoxogos, no que relátase dende o nacemento deste medio de lecer dixital até a súa evolución ao estado actual a través dun extenso traballo de investigación e máis de 140 entrevistas exclusivas a algúns dos persoeiros máis relevantes do sector.
Agora, grazas á editorial Héreos de Papel, esta obra ve a luz en España nunha edición traducida por Concha Fernández Álvarez e prologada por Alberto Venegas, que sairá á venda o 22 de xuño a un prezo recomendado de 23 euros, estando tamén dispoñible por 25 euros unha edición limitada de 300 exemplares en tapa dura.
Replay: La Historia de los Videojuegos apunta a converterse en todo un referente para todo aquel que queiran afondar nunha historia apaixonante que conseguiu saltar dos laboratorios aos salóns recreativos e aos fogares, converténdose no principal sector da industria cultural e do lecer en volume de facturación. Cómpre salientar que a obra non esquece as producións españolas dos anos 80, as distintas crises do sector e incluso un resumo cos mellores e máis importantes videoxogos da historia.

A obra chega nunha edición normal e outra limitada a 300 exemplares en tapa dura

PUBLICIDADE