Este mes celebrarase o 1º Torneo Rexional de Super Smash Bros.

venres, 3 de xullo do 2015 Marcus Fernández

Smash Bros Galicia está a organizar o que será o 1º Torneo Rexional de Super Smash Bros. en Galicia, unha competición que se desenvolverá entre os días 25 e 26 de xullo nas instalacións de Alita Comics na Ronda de Nelle, 120 de A Coruña, para o que xa está aberta a súa inscrición por correo electrónico, e que terá un custo de 5 euros para o torneo individual e 3 euros/persoa para torneo de dobres.
Este torneo conta coa colaboración da Asociación Freak, TheNext Battle e Alita Comics, polo que é de agardar que conte cunha ampla participación. Os premios consistirán nos cartos recadados coas inscricións para os 3 primeiros e vales de desconto para Alita Comics.
Smash Bros Galicia tamén estará presente a semana que vén durante a celebración da Hobbycon no Palexco da Coruña, onde realizarán distintas actividades entre as que non faltan torneos de Super Smash Bros., que o venres será na versión de Nintendo 3DS e o sábado na versión de Wii U.

PUBLICIDADE