Están en preparación 2 novos xogos de Dragon Ball

mércores, 12 de maio do 2010 Marcus Fernández

O xogo para Xbox 360 e PS3 terá unha aparencia máis próxima ao anime que as súas entregas anteriores

Pese á lonxevidade da franquía creada por Akira Toriyama que ten a Son Goku coma protagonista, continúa a dar moita guerra tanto en soportes audiovisuais coma no lecer interactivo, polo que non debería pillarnos por sorpresa que estes días Namco Bandai non presente un, senón dous videoxogos de Dragon Ball.
Por unha banda teremos Dragon Ball: Raging Blast 2 para Xbox 360 e PlayStation 3, que incorporará a 90 personaxes (20 novos na saga Raging Blast) e que buscará dar un enfoque novo á saga; mentres que por outra banda os usuarios da PSP poderán gozar de Dragon Ball Z: Tenkaichi Tag Team, que chegará ao mercado europeo no outono e estará ambientado entre as sagas dos superguerreiros e de Bu. Destacara por permitir combates por parellas a través da PSP Network.

O xogo de PSP permitirá combates en liña por parellas

PUBLICIDADE