Esta semana estrearase unha demo de El Poder de la Fuerza

luns, 18 de agosto do 2008 Marcus Fernández

O Aprendiz segredo de Darth Vader facendo uso da Forza para derrotar aos seus inimigos

O Aprendiz de Darth Vader xa é un personaxe xogable no Soul Calibur IV, servindo de adianto do que teremos en Star Wars: El Poder de la Fuerza, xogo que sairá á venda en España o 19 de setembro para PS2, PS3, PSP, Nintendo DS e Wii, e que non se conforma co anterior para captar a atención, de xeito que estreou trailer e vídeos con imaxes do xogo e o vindeiro xoves incorporarase ao Bazar Xbox LIVE e a PlayStation Network unha versión de demostración do xogo para Xbox 360 e PS3 respectivamente, que permitirá probar un dos primeiros niveis deste agardado título: a fábrica de cazas TIE, asediada por un xeneral jedi chamado Rahm Kota, ao que haberá que eliminar sen deixar testemuñas.
A demo do xogo tamén incluirá o titorial para que o usuario aprenda a usar o poder da Forza, polo que servirá para coñecer de primeira man o que achegará o título final, e os que non o poidan probar poden conformarse mentres co novo trailer, un vídeo amosando unha das secuencias cinemáticas e varios clips no que se ve ao xogo en funcionamento en pleno combate:


Trailer do xogo


Secuencia cinemática do xogo

Vídeos do xogo en acción:



PUBLICIDADE