Esta fin de semana os xogos de SEGA en Steam teñen un desconto de ata o 90%

venres, 23 de setembro do 2011 Marcus Fernández

A plataforma de xogos descargables para PC Steam tennos afeitos a grandes ofertas durante as fins de semana, pero desta volta sorprenderon por levar a súa última promoción a todo o catálogo de SEGA dispoñible, de xeito que podemos gozar de moitos xogos (tanto recentes como clásicos de consolas como a Dreamcast) cun desconto de entre o 50 e o 90%.
Esta promoción que estará dispoñible ata o vindeiro martes permítenos adquirir o xogo Alpha Protocol (lanzando en 2010) por só 2 euros, o interesante Aliens vs Predator por 4,99 euros, o recompilatorio SEGA Mega Drive Classics Collection (que inclúe 40 xogos da clásica consola Mega Drive) por só 7,49 euros, a Dreamcast Collection por 2,49 euros (oferta especialmente destacable, pois o prezo de cada un dos 4 xogos que conforman este paquete sería de preto de 10 euros na súa versión para Xbox 360 ou PlayStation 3) e incluso os 79 artigos de SEGA en Steam por só 74,99 euros (o que supón un desconto do 86% que agradecerán os incondicionais da compañía nipona que leva o ourizo azul como mascota).

Crazy Taxi é un dos títulos que forman parte da Dreamcast Collection
Na Dreamcast Collection tamén está o clásico Sonic Adventure DX

PUBLICIDADE