Esta fin de semana A Coruña celebra unha nova edición de inverno da Hobbycon
venres, 4 de febreiro do 2022
Esta fin de semana o recinto do PALEXCO acollerá unha nova
edición da Hobbycon, que de 10:00 a 20:00 horas do sábado e do domingo
celebrará unha das súas edicións de inverno adaptándose ao contexto pandémico procurando
evitar as aglomeracións de persoas e esixindo a presentación do certificado de
vacinación na entrada e o uso de máscara en todo momento, co que pretenden manter
un equilibrio entre a seguridade e a recuperación progresiva da normalidade nos
eventos presenciais, servindo asà de quecemento para un previsible evento
multitudinario o vindeiro verán.
Este encontro que xunta actividades relativas ao mundo dos videoxogos, á música
pop coreana, aos xogos de mesa e ao lecer alternativo en xeral, está a empregar a súa conta de
Instagram como principal canle de comunicación para dar conta das súas
actividades.
Como grande cambio con respecto a edicións anteriores temos que desta volta non
haberá competicións de videoxogos programadas (agás dos xogos musicais Just
Dance e UltraStar), senón que celebraranse pequenos torneos amigables
baixo demanda, buscando asà que se poidan realizar competicións sen
aglomeracións de xente, á vez que permiten que calquera asistente poida xogar.
Tamén cómpre salientar que o domingo celebrarase un pequeno ciclo de relatorios
sobre psicoloxÃa e saúde mental, que abrirá a psicoterapeuta Claudia Pradas cunha
charla sobre comunidades en liña e o seu impacto na saúde mental, actividade
especialmente dedicada a grupos de xogo, equipos, clans e canles de Discord que
tan importantes foron para a vida de moitos mozos durante os perÃodos de
confinamento. Seguiraa a psicóloga deportiva MarÃa Núñez, quen afondará na ansiedade
nos deportes electrónicos.
O sábado, por outra banda, tamén pode resultar de interese o relatorio de @fatisuki_, quen dará conta das
súas experiencias como creadora de contido en Instagram e TikTok.
Os interesados en acudir deberán pagar 8 euros por dÃa no despacho de billetes,
con entrada de balde para os menores de 9 anos.