Espello retrovisor con navegador GPS

martes, 22 de xullo do 2008 Marcus Fernández

O 1 de agosto sairá á venda nos EE.UU. por 799 dólares un navegador GPS que supón un imporante cambio na aparencia exterior deste tipo de dispositivo, pois se integra no espello retrovisor, de xeito que a súa consulta resulta máis natural e non distrae tanto da condución.
O SmartMirror (antes coñecido coma DS-400Gb) funciona cun procesador Samsung S3C244OA a 400 MHz, conta con 64 Mb de memoria interna, unha tarxeta SD de 2 Gb (para almacenar mapas, fotografías e libros electrónicos), funciona co sistema operativo Windows CE .NET 4.2, o seu receptor GPS integrado ten alta sensibilidade (16 canles), ten unha pantalla táctil panorámica de 4 polgadas, integra altofalantes, soporta Blutooth para mans libres (amosando en pantalla a identificación de chamada) e coma solución software conta co Navigon Mobile Navigator 6.5.

PUBLICIDADE