España manterá as cabinas telefónicas en 2020
xoves, 26 de decembro do 2019
A
Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia leva
anos instado ao Ministerio de Industria que elimine ás cabinas telefónicas do
servizo universal, por considerar que na práctica carecen de uso (9 de cada
10 españois non chegou a usar unha na súa vida) e o seu mantemento supón un
importante custo anual do que ningunha compañÃa quere facerse cargo, como vén
de constatar o BoletÃn Oficial do Estado, no que publican que a
licitación para a designación do operador encargado da prestación do elemento
de servizo universal relativo ao subministro dunha oferta suficiente de
teléfonos públicos de pagamento queda deserta, polo que Telefónica volve
ter que facerse cargo de manter as cabinas, pese ás recomendacións da CNMC, que
insistiu
este ano na falta de necesidade das cabinas, e incluso o Código Europeo das
Comunicacións Electrónicas xa non as inclúe dentro do servizo universal.
Actualmente en España quedan en funcionamento unhas 15.500 cabinas telefónicas,
das que 12.000 non resultan rendibles, e das que a metade non realizaron ningunha
chamada en 2018. Queda por ver o que se fará con elas no futuro, pois non
existe consenso ao respecto, e a reconversión das cabinas é moi diferente entre
distintos paÃses e cidades.