Epic Games gaña o xuÃzo a Google por prácticas contra a competencia
martes, 12 de decembro do 2023
A agresiva e
arriscada estratexia de Epic Games contra as grandes comisións das tendas de
aplicacións para móbiles parece estar a funcionar, e agora celebran
o veredicto do xuÃzo contra Google, no que determinan que Google abusou da
súa posición dominante (controla máis do 95% das descargas de aplicacións para
Android) e realizou prácticas que atentan contra a competencia (limitando a
proliferación de tendas alternativas) para asà poder impor unhas comisións do
30%.
Durante o xuÃzo en California presentáronse moitas evidencias sobre as malas
prácticas de Google, quedando claro que as esixencias de Epic Games estaban ben
fundadas, considerando a compañÃa que a causa demostra que nos EE.UU. teñen que
replicar lexislacións como a europea para poder evitar este tipo de prácticas
abusivas, que limitan a competencia, prexudicando tanto á industria como aos
consumidores.
Polo momento só se determinou que Google é culpable (aÃnda que a
compañÃa anunciou que recorrerá a sentenza) estando previsto que en xaneiro
comecen a traballar na definición das medidas que imporán a Google, o que
poderÃa supor facilitar que os creadores de xogos poidan integrar métodos de
pagamento alternativos como pretende facer Epic Games con Fortnite, para
asà non ter que repartir os ingresos do xogo con compañÃas como Google ou Apple
(o xuÃzo contra a compañÃa de Cupertino atópase actualmente na fase de
apelación).
