Energy Sistem incorpora procesadores de dobre núcleo aos seus tablets de 8 polgadas
mércores, 10 de abril do 2013
Energy Sistem actualiza os seus tablets con pantalla de 8
polgadas cunha resolución de 1.024 x 768, incorporándolles procesadores ARM
Cortex A9 de dobre núcleo a 1,6 GHz, que sairá á venda o vindeiro dÃa 22 e que propóñense
como unha das opcións máis competitivas do mercado, pois no seu modelo con 8 Gb
de almacenamento interno os Energy
Tablet i8 Dual venderanse a 159 euros, mentres que co
dobre de capacidade só incrementarán o seu prezo 10 euros.
Estes tablets funcionan con Android 4.1, teñen 1 Gb de RAM, poden ampliar o seu
almacenamento interno mediante tarxetas de memoria de ata 64 Gb, integran
cámaras de 2 e 0,3 MpÃxeles, gozan de conectividade Wi-Fi N e USB 2.0
(incluÃndo función USB-Host para conectar memorias USB, discos duros, teclados...)
e unha baterÃa de 4.000 mAh que achega unha autonomÃa de ata 6 horas de
navegación Wi-Fi. Cun grosor de 8,6 milÃmetros e un peso de 420 gramos estes
tablets tamén contan con saÃda HDMI a 1.080p, o que facilita a reprodución de contidos
multimedia no televisor.
- Os novos tablets contan con función USB-Host
- Os Energy Tablet i8 Dual estarán dispoñibles en varias cores