Energizer presentará unha liña de smartphones en Barcelona
luns, 4 de febreiro do 2019
AÃnda que o Mobile World Congress é
normalmente unha cita na que as grandes marcas tecnolóxicas presentan os seus
grandes lanzamentos para o que resta de ano sen grandes sorpresas, este ano pode
ser algo diferente, tanto pola presentación de distintos móbiles con pantalla
flexible como polo feito de que vaia entrar en xogo un fabricante que non esperaba
ninguén: Energizer.
A célebre marca de baterÃas levarÃa á feira
de Barcelona un mÃnimo de 26 novos produtos, incluÃndo tamén un smartphone
encartable e un dispositivo equipado cunha baterÃa de 18.000 mAh. Dende
GSMArena adiantan xa algún dos teléfonos coa marca Energizer, como o U620S
Pop e o U630S Pop, que sorprenderÃan ao integrar unha cámara retráctil dual a
xeito de cámara frontal, mentres que na parte traseira o modelo superior, o U620S
Pop terÃa unha cámara traseira tripla. Estes terminais chegarÃan ao mercado a
comezos do verán.
Tamén terán móbiles máis modestos, como o U650S, que opta por unha pantalla HD+
de 6,5 polgadas cunha pestana superior central con forma de V, que sairÃa á venda
en outubro; mentres que para xuño espérase o U620S (sen o apelido Pop) que terÃa unha pantalla HD+ de 6,2 polgadas con
pestana superior con forma de V.
O móbil de Energizer que veriamos antes nas tendas, probablemente en abril,
serÃa o U570S, con pantalla HD+ de 5,7 polgadas con pestana superior con forma
redonda, que serÃa o terminal de entrada
da familia Energizer Ultimate, que sen dúbida chamarán a atención dos
consumidores ao presentarse cunha marca que transmite confianza a nivel de
autonomÃa, que é un dos puntos máis valorados por boa parte do público.