Enano e2: un ordenador pequeno, silencioso e ecolóxico
venres, 18 de maio do 2007
Enano Computers sorprende ó mundo cun novo PC que a
simple vista parece
estar inspirado no Mac Mini de Apple, pois ten un tamaño reducido
comparable ó de algunhas gravadoras de DVD externas, pero que presume de ser un
95% máis silencioso, un 80% máis eficiente no consumo enerxético e un 65% máis
frÃo que un equipo de sobremesa normal, que xunto co feito de que está feito de
material reciclable, o converten nun ordenador
respectuoso con medio.
O Enano e2,
no seu modelo superior, inclúe un procesador Intel Core 2 Duo, 2 Gb de memoria
RAM, sintonizadora de televisión, Wi-Fi, mando a distancia de Media Center e o
sistema operativo Windows Vista Ultimate, vendéndose a 1.824,99 dólares (aÃnda
que hai versións máis modestas dende os 649,99 dólares).