En setembro teremos unha Nintendo Switch orientada á portabilidade
mércores, 10 de xullo do 2019
Confirmando
meses de rumores presentouse hoxe a consola portátil Nintendo
Switch Lite, dispositivo que sairá á venda o vindeiro 20 de setembro en
tres cores (amarelo, gris e turquesa) a
un prezo de 219,99 euros, o que supón unha rebaixa substancial fronte aos 329,95
euros da Nintendo Switch ordinaria, e para o que a nova máquina fai algunhas concesións.
Para comezar cómpre dicir que estamos ante unha consola orientada á portabilidade,
de xeito que é máis pequena e lixeira, pero tamén limita os seus modos de xogo,
de xeito que non será posible conectar a consola ao televisor.
O modo portátil
funciona sen problema na Switch Lite, e para gozar do modo sobremesa é preciso
adquirir mandos Joy-Con por separado, aÃnda que o número de xogos orientados a
este modo de xogo é moi reducido, limitándose practicamente ao Super Mario
Party e a 1-2-Switch (que rexistran os movementos dos Joy-Con).
De xeito xeral podemos entender que a Nintendo Switch Lite ten poucas
restricións e, de feito, ten maior autonomÃa que a súa irmá maior (chegando até
as 7 horas), polo que para moitos usuarios será unha consola máis axeitada pese
a que a súa pantalla sexa lixeiramente máis pequena (pasa de 6,2 a 5,5 polgadas)
e os Joy-Con non poidan separarse do corpo.
Un detalle que si agradecerán moitos xogadores é que baixo o mando esquerdo
atoparemos unha cruceta real, e non 4 botóns exercendo de cruceta
como acontece na Switch ordinaria.
A nova consola tamén chegará en cores rechamantes e a partires do 8 de novembro
estará tamén dispoñible nunha edición en cor gris con ilustracións dos Pokémon lendarios de Pokémon
Estada e Pokémon Escudo con botóns e mandos en cores azul ceo e maxenta.
Unha edición especial que poderÃa ter unha grande aceptación dado o atractivo
da franquÃa de Pokémon (que pretende vivir unha forte campaña de Nadal).
- A Nintendo Switch Lite contará con versións especiais inspiradas en Pokémon no mes de novembro
- En setembro os usuarios terán unha maior oferta de consolas de Nintendo, podendo elixir asà se empregar unha versátil Nintendo Switch ou unha máis portátil Nintendo Switch Lite
- O grande catálogo de xogos para Nintendo Switch funcionará na Switch Lite só con pequenas limitacións (xa que algún tÃtulo precisará de mandos Joy-Con para funcionar).
VÃdeo de presentación da Nintendo Switch Lite