En setembro teremos novo Tomb Raider

xoves, 15 de marzo do 2018 Marcus Fernández

Aproveitando que esta semana chega aos cines o filme de Tomb Raider protagonizado por Alicia Vikander e inspirado no actual reboot da popular franquía de Lara Croft, Square Enix anunciou Shadow of the Tomb Raider, título que o 14 de setembro chegará simultaneamente a Xbox One, PlayStation 4 e PC, dicindo así adeus á fiestra temporal da que anteriormente gozaba Microsoft (Xbox One recibiu Rise of the Tomb Raider un ano antes que PS4).
Polo momento non dan detalles sobre o que ofrecerá a terceira entrega desta saga reiniciada en 2013, limitándose a lanzar un vídeo de adianto e convidando aos seareiros da serie a visitar a súa páxina web oficial o vindeiro 27 de abril, que serán cando Shadow of the Tomb Raider se presente mundialmente.

Vídeo de adianto do novo xogo de Tomb Raider

PUBLICIDADE