En setembro continuará o ciclo de actividades para iniciar aos maiores no uso de dispositivos móbiles
venres, 17 de agosto do 2018
A Fundación Vodafone e a AMTEGA en colaboración coa a Rede
CeMIT continúan traballando para impulsar
o uso dos smartphones e as tabletas entre as persoas maiores. Os ciclos Aprende a usar o teu smartphone e Aprende a usar a túa tablet, retomaranse
en setembro e prolongaranse ata novembro nas localidades de Brión, Oroso,
Pontedeume, e Ribadeo.
De cara a darlle continuidade a esta programación, a
Fundación Vodafone renovou parte do material cedido para a realización destas
actividades con 7 novas tabletas. Pódense consultar as datas e formalizar a
inscrición, de balde, na páxina web de CeMIT,
e na aulas aulas CeMIT de xeito presencial ou contactar coa Oficina CeMIT
enviado un correo a cemit@xunta.gal
O primeiro semestre do ano pechouse cuns datos moi positivos
coa realización de 35 actividades e a participación de 16 aulas da Rede CeMIT e
máis de 300 asistentes.
Cada un dos centros CeMIT que participaron nesta iniciativa
dispuxeron de diversos terminais telefónicos e de tabletas, cedidos pola
Fundación Vodafone, para facilitar a aquelas persoas que non dispoñan deles o
seu manexo. Ademais, como material de apoio, as aulas dispuxeron tamén dunha
serie de guÃas en papel moi sinxelas e vÃdeos con pÃlulas formativas breves e
moi prácticas, que serven de soporte audiovisual á hora de formar dunha maneira
fácil e á medida da persoa interesada.