En novembro teremos un novo xogo de Bubble Bobble

mércores, 14 de agosto do 2019 Marcus Fernández

Bubble Bobble é un xogo que en 1986 chegou a salóns recreativos, e que pronto adaptouse a moitas outras plataformas e incluso contou cunha chea de secuelas (entre as que figuran os xogos de Rainbow Island), series paralelas (Puzzle Bobble pertence a outro xénero, pero conta cos mesmos protagonistas) e xogos inspirados na súa mecánica (Snow Bros, Tumblepop...), ou sexa, que estamos ante un título que converteuse en todo un fenómeno que resístese a esmorecer, como demostra o anuncio de Bubble Bobble 4 Friends, xogo que chegará a Nintendo Switch o 19 de novembro, mantendo os elementos básicos do xogo orixinal, pero contando como novidade cun modo de xogo para até 4 xogadores en local (ou sexa, que o título fai alusión a este modo de xogo, e non a que sexa unha cuarta entrega, xa que a saga leva moitísimas máis).
Este xogo é obra de ININ Games e Strictly Limited Games para Taito, compañía dende a que recoñecen que esta franquía é especialmente popular en Europa, de aí que ao noso territorio o xogo vaia chegar antes que a EE.UU. (que non verá o xogo até 2020).
Este xogo de Switch chega 10 anos despois do último xogo de consola da franquía, polo que é toda unha sorpresa, e non limitará o seu lanzamento á tenda dixital de Nintendo, senón que tamén contará con versión en formato físico.

O novo xogo mantén as mecánicas do orixinal, pero adaptándose a pantallas panorámicas e estreando un cooperativo para 4 xogadores

Tráiler de Bubble Bobble 4 Friends

PUBLICIDADE