En marzo A Coruña será punto de encontro para usuarios e desenvolvedores de QGIS

luns, 21 de xaneiro do 2019 Marcus Fernández

A cidade da Coruña acollerá, entre o 4 e o 10 de marzo, a Conferencia Internacional de Usuarios e Desenvolvedores de QGIS, o evento de referencia para todas aquelas persoas que traballan neste sistema de información xeográfica de código aberto.
Hoxe ábrese o prazo de inscrición vía web para participar no encontro, organizado pola Asociación QGIS España e que conta co apoio da Concellería de Participación e Innovación Democrática da Coruña, ademais da comunidade Xeoinquedos e da asociación Bricolabs, entidade que desenvolve habitualmente a súa actividade na Sala Maker da Domus.
A cita, que pretende recompilar experiencias e compartir coñecementos sobre QGIX, estruturarase a través de obradoiros, unha conferencia de persoas usuarias da plataforma (estas dúas primeiras iniciativas terán lugar na Escola de Enxeñería de Camiños) e un encontro para desenvolvedores que se celebrará na Sala Maker da Domus.

PUBLICIDADE