En abril chegarán os primeiros xogos de Wii U á familia Nintendo Selects
xoves, 10 de marzo do 2016
Dado que os xogos de Nintendo tenden a manter o seu prezo a
longo prazo en vez de caer a poucas semanas do seu lanzamento, a compañÃa nipoa
ten dende hai tempo unha liña de xogos chamada Nintendo Selects, que é unha
reedición dos tÃtulos de máis éxito a un prezo reducido, facilitando asà que
moitos máis xogadores de Wii e Nintendo 3DS puidesen gozar dos mellores xogos
para as súas consolas, e agora esta vantaxe vai chegar a Wii U, concretamente o
15 de abril, cando chegarán os primeiros tÃtulos da última consola doméstica de
Nintendo a esta liña de xogos a prezo reducido.
Actualmente hai 25 xogos na familia
de Nintendo Selects, aos que sumaranse 6 xogos de Wii U: New
Super Mario Bros. U + New Super Luigi U, Donkey
Kong Country: Tropical Freeze, Nintendo
Land, Wii Party U,
The
Legend of Zelda: The Wind Waker HD e LEGO
City Undercover. O seu prezo recomendado será de 24,95 euros.
Actualmente en Nintendo Selects podemos atopar xogos para Nintendo 3DS como The Legend of Zelda: A Link Between Worlds,
Mario Tennis Open ou Star Fox 64 3D, e xogos para Wii U como New Super Mario Bros. Wii, Super Mario Galaxy 2 ou Mario Party 9, tendo uns prezos que
habitualmente non chegan aos 20 euros, de xeito que facilitan a creación dunha
ludoteca na que figuren os principais clásicos modernos das consolas de
Nintendo.