empresas
As respostas aos nosos desafíos ante o Big Data, nun novo obradoiro de Vitae
Un equipo humano axeitado e os recursos máis indicados para tirar proveito da información, o gran valor do noso tempo, son elementos fundamentais para garantir o éxito de calquera proxecto empresarial, máis aínda se o proxecto en cuestión é innovador e tecnolóxico. Pero, que acontece se a información medra a pasos axigantados (Big Data) e tamén medran as fontes (...)
Ler máisAs máis avanzadas solucións de Intelixencia Artificial para Microsoft, polo miúdo nun novo curso de Vitae
Vitae Consultores vén este outono cun completo programa formativo para converternos en mellores (e máis preparados) profesionais do ámbito das novas tecnoloxías e a innovación. Co foco posto nas ferramentas de meirande proxección futura, a consultora vai organizar en outubro o Curso Deseño e Implementación de Solucións de Intelixencia Artificial en contornas (...)
Ler máisAltia emprestará servizos de consultoría TIC á Axencia Europea de Medio Ambiente
A compañía galega Altia vén de ser elixida pola Axencia Europea de Medio Ambiente para abordar a posta en marcha definitiva e real de Reportnet 3.0, un proxecto dirixido (nas súas liñas xerais) a substituír os informes enviados por correo postal polo correo electrónico. Reportnet 3.0 atópase neste intre nunha primeira fase de desenvolvemento, centrada no deseño (...)
Ler máisAltia e Netex farán avanzar a dixitalización docente en Canarias
As empresas galegas Altia e Netex (a primeira centrada en servizos avanzados de consultoría informática e solucións TIC, e a segunda en aplicacións e servizos para a creación de material didáctico intelixente) van impulsar a dixitalización do sector educativo de Canarias. E vano facer creando contidos nunha Contorna Virtual de Aprendizaxe (EVA) para o (...)
Ler máisBalidea encargarase da evolución das aplicacións do Servizo Cántabro de Saúde
A empresa TIC Balidea, con sede principal en Santiago, vaise encargar do mantemento e evolución das aplicacións do Servizo Cántabro de Saúde, ou sexa, das ferramentas asociadas aos sistemas de historia clínica electrónica e de atención hospitalaria do Servizo de Saúde. A firma galega desenvolverá estes traballos ao abeiro do contrato que vén de renovar coa dita (...)
Ler máisA empresa tecnolóxica Coaxial, premiada pola patronal boirense
A ABE (Asociación Boirense de Empresarios) deu a coñecer palmarés dos seus premios anuais, que recoñecen as mellores prácticas empresariais desenvolvidas no concello ao tempo que poñen o foco naquelas iniciativas de mercado que máis e mellor beneficios achegaron a Boiro e a súa contorna. Foron dar á Cetárea Ángel Mar (innovadora empresa familiar adicada á venda (...)
Ler máisDinahosting optimiza a xestión de datos dos seus servizos con NetApp
A empresa Dinahosting, referente galego e estatal en aloxamento web e dominios, vén de poñer a punto a xestión de datos dos seus servizos con NetApp, a multinacional do almacenamento informático e o manexo de información. A optimización responde un reto concreto: o desafío de contar cos mellores recursos para encarar unha maré de coñecemento que “sube” a tempo (...)
Ler máisVitae converteranos en expertos no manexo de datos a través de Microsoft Power Excel
A consultora galega Vitae vai achegar este mes de abril unha importante novidade: un curso avanzado centrado nas posibilidades de xestión da información que pon en xogo Microsoft Power Excel con Power Query, Power Pivot e DAX. Será unha actividade formativa de 20 horas, a desenvolver en formato en liña (a través da Aula Virtual de Vitae) os días 19, 20, 21, (...)
Ler máisTelevés e Vithas ofrecen TV de balde nos hospitais onde colaboran
A companía compostelá Televés e máis o Grupo Vithas, centrado na xestión de hospitais en toda España, veñen de acordar ofrecer a TV de balde nos hospitais onde colaboran (desenvolvendo Televés infraestruturas de telecomunicación de redes e TV en IP) mentres dure a pandemia de COVID-19. En concreto, a medida farase efectiva nos seus hospitais de Vigo e Granada. (...)
Ler máisAs empresas galegas Aeromedia, Cerna, Balidea e Greenalia revolucionan con XESTAL a xestión de recursos forestais
Na mañá deste 25 de marzo presentouse no Centro Experimental Áncora (Cervo-Lugo), xestionado polo Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), un proxecto tecnolóxico a catro mans destinado a revolucionar a xestión dos recursos forestais. Trátase de XESTAL (Xestión Forestal Sostible Mediante Teledetección Remota), impulsado por un consorcio formado polas empresas (...)
Ler máis0 | ... | 40 | 50 | 60 | 70 | 80 | 90 | 100 | 110 | 120 | ... | 700