empresas
Manuel Ángel Alonso, novo director do Territorio Norte de Telefónica
O galego Manuel Ángel Alonso (Vigo, 1972) é o novo director do Territorio Norte de Telefónica España, que inclúe as comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra e A Rioxa. Alonso, que reportará ao novo conselleiro delegado de Telefónica España e Movistar+, Sergio Oslé, ocupaba até o de agora o cargo de director de Administracións (...)
Ler máisSweno será o operador virtual de móbil e fibra de El Corte Inglés
O Grupo MasMóvil e El Corte Inglés asinaron un acordo estratéxico para lanzar un operador virtual de móbil e fibra. A comercialización de servizos de telecomunicacións converxentes realizarase a través de Sweno, a marca propia de El Corte Inglés.
Ler máisA galega Cosmethics, entre as propostas de Telefónica Open Future para marcar as diferenzas este Nadal
Telefónica, a través da súa plataforma de crowdworking Telefónica Open Future (no que se insire a nosa palestra de emprendemento innovador Galicia Open Future, GOF), vén de dar a coñecer dez propostas tecnolóxicas coas que levarmos unha boa sorpresa nestas festividades, e coas que sorprender a quen dificilmente se deixa abraiar. Trátase de dez servizos novos (...)
Ler máisCOFER e a Asociación de Empresas TIC de Ferrolterra achegan as PEME ás posibilidades dos dispositivos móbiles
A Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (COFER), en colaboración coa Asociación local de Empresas TIC, veñen de impulsar un programa formativo para optimizar e fortalecer as competencias tecnolóxicas das firmas de Ferrol e contorna. Trátase, máis en detalle, de dous cursos dirixidos a ampliar os coñecementos e habilidades das empresas (...)
Ler máisOptare Ventures xa impulsou catro firmas innovadoras no seu primeiro ano de vida
O fondo galego Optare Ventures, iniciativa a prol do emprendemento e o capital semente da consultora TIC Optare, vén de facer balance do seu primeiro ano de actividade. Entre os datos máis salientábeis do informe sobre os seus doce primeiro meses de anos figuran os seguintes: foi quen de impulsar catro participadas e mobilizou un investimento total de (...)
Ler máisIntermax organiza unha expedición galega ao Mobile World Congress
Máis de 20 persoas do mundo empresarial, social e deportivo de Galicia desprázanse esta semana ao Mobile World Congress de Barcelona para pulsar o estado da tecnoloxía máis innovadora en redes e telefonía nunha viaxe auspiciada pola empresa de banda larga para o rural Intermax.
Ler máisO Ministerio de Economía recoñece o traballo de Altia na implantación de WECO
O Ministerio de Economía e Empresa (MINECO) recoñeceu o traballo da empresa tecnolóxica Altia na implantación de WECO. Trátase da aplicación de tramitación administrativa electrónica que é propiedade da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) e que se implantou no MINECO coa colaboración da firma galega Altia. A empresa con sede en Oleiros leva (...)
Ler máisVitae achéganos en novembro unha nova edición do curso de xestión con PMI 6
No éxito dunha empresa hai unha parte de cousas decisivas que non se poden nomear nin concretar e que teñen que ver co que é máis ou menos impredicíbel (esa marxe da realidade ordenada que sempre nos sorprende). Porén, unha parte dos ingredientes que levan ao éxito si que son definíbeis e cuantificábeis. Por exemplo as metodoloxías profesionais para garantir a (...)
Ler máisR conseguiu xuntar 450 empresas na edición máis virtual das súas Xornadas Tecnolóxicas
Até 450 empresas de todo o ámbito estatal seguiron finalmente nas Xornadas Tecnolóxicas R, organizadas pola operadora galega e centradas na Intelixencia Artificial. Os encontros desenvolvéronse nun edificio virtual con espazos para conferencias, exposicións e networking, coas empresas participantes conectándose a través dunha plataforma e pudendo participar (...)
Ler máisOs recursos para crear as aplicacións máis limpas e evolucionábeis, ao detalle nun novo curso de Vitae
En cuestión de creación de ferramentas e servizos tecnolóxico-informáticos, hai varios factores que cómpre ter en conta para realizarmos un bo traballo, factores que van máis alá dos elementos de base. Falamos do ingrediente da sinxeleza, que sempre debe ir unido aos da transparencia e a claridade. Dito doutro xeito: canto menos incertezas e marxe de dúbidas (...)
Ler máis0 | ... | 590 | 600 | 610 | 620 | 630 | 640 | 650 | 660 | 670 | ... | 690