empresas
Os recursos para crear as aplicacións máis limpas e evolucionábeis, ao detalle nun novo curso de Vitae
En cuestión de creación de ferramentas e servizos tecnolóxico-informáticos, hai varios factores que cómpre ter en conta para realizarmos un bo traballo, factores que van máis alá dos elementos de base. Falamos do ingrediente da sinxeleza, que sempre debe ir unido aos da transparencia e a claridade. Dito doutro xeito: canto menos incertezas e marxe de dúbidas (...)
Ler máisVitae ofrece a edición 36 do seu histórico curso sobre dirección de proxectos con Scrum
Polo seu interese empresarial e pola súa capacidade para optimizar o noso xeito de traballar, entre outras moitas vantaxes e potenciais, o Curso sobre Dirección de Xestión de Proxectos Áxiles con Scrum que organiza regularmente a consultora Vitae é sen dúbidas unha das actividades formativas da nosa terra de meirande demanda e de máis longa experiencia. Sen (...)
Ler máisVitae achega en abril unha nova oportunidade para participar no seu curso sobre fundamentos do testing
A formación sobre proxectos tecnolóxicos (funcionalidades, aplicacións, servizos resultantes, utilidade) é fundamental para o noso traballo pero tamén o son os coñecementos sobre como levar a cabo eses proxectos: as metodoloxías, os mecanismos que conteñen e impulsan o desenvolvemento. Botar luz sobre isto e facelo dun xeito primordialmente rendíbel é un dos (...)
Ler máisAldaba doa equipos informáticos á poboación ucraína refuxiada en Galicia
A empresa coruñesa Aldaba vén de compartir os detalles dunha iniciativa solidario-tecnolóxica co pobo ucraíno, asolado pola guerra perpetrada por Rusia ha xa 111 días. A iniciativa consistiu nunha doazón de equipos informáticos destinados a persoas refuxiadas do país da Europa do Leste en Galicia. En concerto, irán dirixidos a 11 estudantes ucraínos residentes (...)
Ler máisO equipo de Improving Metrics solicitará datos do lixo atopado no río Trabe de Vilaboa
A empresa galega Improving Metrics vai xuntar forzas cunha importante iniciativa a prol da conservación do medio ambiente e da necesidade de concienciarnos para acadar un mellor tratamento do lixo: o Proxecto Libera, 1m² pola Natureza, a campaña nacional liderada por Ecoembes e SEO/Birdlife. A participación da firma tecnolóxica da Coruña materializarase este (...)
Ler máisVolve, online, o curso de Vitae sobre dirección de proxectos áxiles con Scrum
Ten sentido a formación tecnolóxica permanente en tempos de pandemia e crise social, económica e sanitaria? En palabras da consultora galega Vitae a resposta só pode ser positiva, e máis tendo en conta os importantes avances que experimentou a transformación tecnolóxica, a todos os niveis, dende o inicio da pandemia. Dito doutro xeito: trabállase máis ca nunca (...)
Ler máisNetun impulsará as súas tecnoloxías de seguridade na estrada dende o Porto de Molle
A empresa galega Netun Solutions, responsábel do lanzamento hai dous anos dun revolucionario dispositivo destinado a rematar cos riscos dos triángulos de sinalización de avarías, vén de asinar un acordo co Consorcio da Zona Franca para establecerse no Porto de Molle, máis concretamente na nave 6A do dito espazo de emprendemento, onde contará para a súa (...)
Ler máisO Ministerio de Economía recoñece o traballo de Altia na implantación de WECO
O Ministerio de Economía e Empresa (MINECO) recoñeceu o traballo da empresa tecnolóxica Altia na implantación de WECO. Trátase da aplicación de tramitación administrativa electrónica que é propiedade da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) e que se implantou no MINECO coa colaboración da firma galega Altia. A empresa con sede en Oleiros leva (...)
Ler máisMuyComputerPRO entrevista a Antonio Vidal, premio ao mellor científico de datos en España
A web MuyComputerPRO, canle especializada en información tecnolóxica e un dos medios dixitais máis referenciais do ámbito TIC, vén de publicar unha entrevista co enxeñeiro galego Antonio Vidal, científico de datos de SIVSA, co gallo de ter sido galardoado co premio ao Mellor Científico de Datos de España, edición 2017. Na reportaxe, Antonio Vidal fai un (...)
Ler máisAs claves da excelencia profesional, ao detalle nunha nova edición do curso de axilidade avanzada de Vitae
Vitae Consultores volve este outono cunha nova edición, a cuarta, do seu Curso de Axilidade Avanzada para Scrum Masters e Equipos Scrum, impartido novamente por Javier Garzás, experto en recursos innovadores para a materialización óptima de proxectos. Será unha nova oportunidade para que os nosos profesionais do ámbito tecnolóxico poidan dar novos pasos no (...)
Ler máis0 | ... | 400 | 410 | 420 | 430 | 440 | 450 | 460 | 470 | 480 | ... | 700