empresas
Vitae Consultores chega aos 21.000 profesionais formados
A consultora galega Vitae vén de facer balance da súa actividade formadora nas máis avanzadas tecnoloxías, recursos e metodoloxías para axudar aos nosos profesionais e empresas a ser máis competitivos, rendíbeis, innovadores, eficaces e eficientes, unha actividade (con cursos e obradoiros para profesionais e de formato interno para as empresas) que comezou xa (...)
Ler máisAltia estrea oficinas en Palma de Mallorca
A empresa tecnolóxica Altia vén de estrear novas dependencias en Palma de Mallorca, co obxectivo de reforzas a súa presenza nas Illes Balears e e potenciar, nas súas palabras, “o compromiso de Altia co sector público e co ámbito turístico da zona”.
Ler máisVodafone e CARTO presentan un servizo de Big Data para empresas e administracións públicas
Vodafone España presentou hoxe Vodafone Analytics, a súa ferramenta de Big Data baseada na xeolocalización, servizo que responde á crecente demanda das administracións públicas e empresas que necesitan penetrarse no universo Big Data para dar mellores servizos aos seus cidadáns e aos seus clientes, pero atópanse con limitacións para facelo con (...)
Ler máisA viguesa TokApp abre 2018 mostrando as súas aplicacións en cinco feiras internacionais
A empresa galega Tokapp, responsábel da aplicación do mesmo nome (dirixida a facilitar a comunicación no seo das empresas, entidades e asociacións) e de TokApp School (a versión para ámbitos docentes), comeza ano cun completo roteiro de presentacións internacionais. Participará, de arranque, en cinco feiras referenciais de diferentes sectores. O obxectivo da (...)
Ler máisOs segredos da ferramenta de intelixencia nos negocios Power BI centran un curso de Vitae
Sen dúbida entre os recursos máis destacados dos que podemos botar man para tomar as mellores decisións nos negocios atópase a ferramenta Power BI, unha solución formada por un conxunto de ferramentas que permiten obter datos de moi diversas fontes, integralos e convertelos logo en información útil e rendíbel que pode ser compartida en eficaces ferramentas de (...)
Ler máisAltia, elixida para acometer o redeseño do conxunto de portais de madrid.org
A Axencia para a Administración Dixital da Comunidade de Madrid contratou a empresa galega Altia, especializada en servizos de consultoría tecnolóxica, para acometer integramente o redeseño do conxunto de portais que conforman a plataforma www.madrid.org. O obxectivo da axencia, con estes traballos de fonda remodelación das súas ferramentas dixitais, é (...)
Ler máisAvatel ampliará a súa cobertura en Ribeira a 1.000 novos fogares e empresas
A operadora Avatel, presente dende hai un ano na comarca do Barbanza a través da súa sede na rúa de Galicia en Ribeira, proporcionará Internet de alta velocidade a 1.000 novos fogares da dita localidade e máis da parroquia de Palmeira. A compañía anunciou esta novidade ao tempo que fixo saber que ten unha cobertura (con rede de banda larga) que chega a case (...)
Ler máisVitae lanza un programa formativo para capacitar tecnoloxicamente aos nosos profesionais non TI
Vitae Consultores vén de elaborar, co reinicio do actividade formativa neste mes de setembro, unha ambiciosa iniciativa de formación para contribuír a implantar, a nivel profesional e empresarial, novos e innovadores xeitos de traballar, xestionar recursos, comunicar, colaborar e desenvolver. Trátase do seu Programa de Transformación Dixital, que xorde (...)
Ler máisSIVSA, galardoada polos informáticos asturianos
A galega SIVSA, referente tecnolóxico na nosa terra (creadora de pioneiras plataformas como Fenix e Geenie), vén de obter un novo recoñecemento ao seu labor en materia de desenvolvemento. A distinción, desta volta, veu da man dos Colexios Oficiais de Enxeñeiros e Enxeñeiros Técnicos en Informática de Asturias (COIIPA e CITIPA), que concederon o Accésit Premio (...)
Ler máisO IGAPE pon a Itelsis como exemplo a seguir en innovación, competitividade e exportacións
Itelsis, empresa referencial galega no ámbito das tecnoloxías audiovisuais e de telecomunicacións (desenvolvedora de equipos e sistemas de radiodifusión avanzados), recibiu hoxe a visita do director do IGAPE, Juan Cividanes, nas súas instalacións de Santiago. A xuntanza serviu, entre outras cousas, para salientar a importancia de fortalecer dende todas as (...)
Ler máis0 | ... | 300 | 310 | 320 | 330 | 340 | 350 | 360 | 370 | 380 | ... | 690