Empresarios de Chantada fórmanse en técnicas para acelerar os seus negocios
mércores, 20 de marzo do 2019
Da
man da Deputación de Lugo e da Asociación
de Empresarios de Chantada, un grupo de autónomos e empresarios
deste concello está a recibir formación avanzada e asesoramento
(mentoring) para incrementar a influencia dos seus negocios,
gañar en competitividade e ampliar mercado. Trátase
das xornadas de adestramento Reimpulsa
Chantada,
na que participan arestora 15 persoas. Hoxe recibiron a visita da
deputada de Cultura, Pilar GarcÃa Porto, e dos directivos da dita
asociación local, Néstor Quiroga e Leticia DÃaz.
Reimpulsa
Chantada é unha iniciativa da Asociación de Empresarios de Chantada
coa que colabora a Deputación, cunha achega de 5.000 euros, a través
da cal comerciantes e emprendedores reciben sesións de mentoring
grupal, unha metodoloxÃa que axuda a mellorar os puntos clave dos
negocios e a acelerar os resultados a medio e longo prazo.
Neste
programa, que comezou en 2018, empresarios e autónomos teñen a
oportunidade de aprender a xestionar mellor as súas empresas
acadando novas metas, compartindo a súa experiencia co grupo e
introducÃndose no emprego de novas ferramentas.
Baixo
a dirección do mentor Alberto Ferreiro, abordan diferentes
temáticas como por exemplo as seguintes: como xestionar mellor o
tempo e a toma de decisións, como crear marca e dar más
visibilidade a un negocio ou como vender máis e mellor. Os
participantes tamén aprenden a facer unha planificación anual por
obxectivos, a levar un control real dos custes do negocio, a
xestionar equipos de traballo e a crear unha rede de contactos.
Como dixemos, estas
xornadas son impartidas por Alberto Ferreiro que é empresario,
conferenciante, mentor e formador de autónomos e empresarios e conta
con máis de 15 anos de experiencia no mundo dos negocios. Ferreiro é
especialista na metodoloxÃa de asesoramento e motivación grupal,
que ten como finalidade que as persoas empresarias poidan dirixir
realmente seus negocios con bos resultados económicos, ao mesmo
tempo que desfrutan con total liberdade do seu tempo de lecer.