EmojiWorks prepara teclados para escribir emoticonas rapidamente
mércores, 4 de novembro do 2015
A
mensaxerÃa instantánea está a disparar o uso de emoticonas no noso dÃa a dÃa, e
algo que até o momento parecÃa limitado a engadir un aceno ao final dunha
mensaxe está a converterse nunha linguaxe na que comunicar certos matices que
até o momento permanecÃan ausentes das mensaxes escritas, e para permitir o uso
áxil de emoticonas dende EmojiWorks
propoñen que, en vez de empregar teclados virtuais para elixir os sÃmbolos que
queiramos engadir ás nosas mensaxes, podamos empregar teclados fÃsicos, dos que
queren comercializar tres modelos distintos que poden encargarse por 79,95,
89,95 e 99,95 dólares e que contan con 47, 94 e máis de 120 emoticonas
respectivamente. Os modelos máis caros non só incluirÃan máis emoticonas, senón
que tamén facilitarÃan atallos aos tons de pel que poden elixirse nas
emoticonas que representan a persoas.
Con este accesorio dende tabletas, smartphones e ordenadores persoais (aseguran
a compatibilidade con iOS 9, OS X e Windows 10) poderiamos teclear emoticonas
10 veces máis rápido que mediante métodos habituais, xa que tardariamos menos
en atopar a emoticona que queiramos
empregar, especialmente unha vez que collamos certa práctica co teclado. Os teclados comunÃcanse por Bluetooth,
funciona con dúas baterÃas AAA e precisan de software (incluÃdo) de EmojiWorks
para funcionar. A súa entrega está prevista para o mes que vén.
- O modelo de teclado máis avanzado inclúe atallos a máis de 120 emoticonas
VÃdeo promocional dos teclados de EmojiWorks