Elon Musk retoma a operación de compra de Twitter

mércores, 5 de outubro do 2022 Marcus Fernández

Estaba previsto que o xuízo que enfrontaría a Elon R. Musk e Twitter por mor da negativa de Musk de adquirir Twitter despois de terse comprometido a iso non terá que celebrarse, pois finalmente os representantes de Musk remitiron documentación á SEC asegurando que agora teñen a intención de respectar o acordo inicial sempre que o Tribunal de Delaware suspenda o xuízo que teñen pendente as partes.
Dende Twitter confirman ter recibido unha comunicación dos representantes de Musk confirmando a súa intención de pechar a compra de Twitter por 54,20 dólares/acción. Desta volta parece que a operación de adquisición vai concretarse, porque de non ser así Musk teríao realmente complicado en sede xudicial, xa que demostraría mala fe e un claro intento de adiar un xuízo inminente.

PUBLICIDADE