Elgato presenta un pedal para controlar os directos sen usar as mans
martes, 25 de xaneiro do 2022
Nos últimos anos Elgato comercializou varios modelos do panel
con teclas personalizables Stream Deck, que buscan facilitar o control
durante as retransmisións de vÃdeo en directo, e aos que está a incorporarse un
novo accesorio que resulta especialmente rechamante por adoptar un formato
completamente diferente: o Stream
Deck Pedal.
Como ben dá a entender o seu nome, o Stream Deck Pedal é un accesorio que pode
controlarse co pé, tendo o pedal 3 zonas diferentes, de xeito que compórtase
como 3 teclas personables que poden premerse cando se teñen as mans ocupadas ou
cando non se quere que os espectadores sexan conscientes de que a persoa que
está fronte a cámara está a realizar funcións de realización da emisión.
O pedal pode empregarse para silenciar o micrófono, activar un son de censura,
activar un meme especial para as vitorias, cambiar de escena, lanzar efectos e
case calquera acción que se nos pase pola cabeza. Lembremos que en televisión é
habitual o uso de pedais por parte dos presentadores para poder moverse entre o
texto que está a ler sen que os espectadores o perciban, e esta mesma función
tamén poderÃa realizarse con este trebello que ten un prezo oficial de 89,99
euros.
- O novo pedal de Elgato pode ser un accesorio moi práctico para os streamers