ElPaÃs.es convértese en ElPaÃs.com e renova a súa imaxe
luns, 20 de novembro do 2006
O xornal El PaÃs renova a súa páxina web, incorporando novidades a nivel de deseño e contidos, incrementado a presenza dos contidos multimedia e apostando pola participación dos lectores, que tamén agradecerán que estas melloran sexan de balde (de xeito que a edición de pago parece limitada á edición en papel en PDF e ó servizo de hemeroteca).
Ademais, a nova web pode consultarse dende o ordenador, o PDA ou o móbil, optimizándose a web para pantallas de resolucións de 1.024 pÃxeles de ancho ou superiores, polo que permite unha exposición máis completa dos contidos, asà coma un menú de navegación horizontal que facilita a exploración das seccións.
Os lectores poderán comentar e valorar os artigos publicados, asà como envialos a Digg, Technorati, Del.icio.us ou Menéame, aÃnda que para unha mellor participación incluso teñen unha sección para tal efecto, dende a que se poden remitir preguntas a personaxes de actualidade, se pode participar coma xornalista cidadán, responder a enquisas, participar en foros, xogar ó trivial ou chatear.
El PaÃs tamén abrazará ó mundo dos blogs, potenciando a súa oferta de bitácoras e incorporando o Blog de Bloggers, con achegas dos principais blogueiros españois que se inaugura coa participación de PÃxel y DÃxel.
Esta remodelación da web de El PaÃs está a ser analizada dende numerosos blogs, destacando moitos que o cambio no nome do domino do xornais indica unha vocación internacionalizadora da web coma unha declaración de ambición. Pero non só hai flores para esta nova web, senón que populares blogueiros coma Juan Varela critican que os cambios da web de El PaÃs a asemellan perigosamente á de El Mundo, o que Manuel Gago considera que se trata dunha falta da capacidade de innovación por parte dos cibermedios.
Parece asà que a renovación da web de El PaÃs será ben recibida polos lectores, pero non ausente de crÃticas dos que saben ver o fondo deste tipo de cambios, que neste caso parece chegar para intentar facernos esquecer o grande erro editorial de ElPaÃs.es: converterse nun medio de pago a finais de 2002.