El Español organiza un foro económico na Coruña

venres, 6 de maio do 2022 Marcus Fernández

Os vindeiros días 9 e 10 de maio PALEXCO acollerá o Foro Económico Español La Galicia que viene, un encontro no que a través de relatorios e mesas redondas abordaranse diferentes oportunidades para a economía galega do futuro como os fondos Next Generation, as enerxías renovables, a economía circular, a responsabilidade social corporativa, o turismo e a tecnoloxía.
É precisamente o segundo día do foro no que a tecnoloxía xoga un rol máis importante, xa que na sesión de tarde teremos mesas redondas sobre transformación dixital (coa participación de figuras como Pablo Rodríguez, director xeral de Hack a Boss), innovación dixital, intelixencia artificial e biotecnoloxía (coa participación de, por exemplo, Susana Ladra, directora do Campus Innova da UDC) e startups galegas (coa presenza do director xeral do IGAPE, presidente de Startup Galicia, un cofundador de Alén Space, o director xeral de Mentiness e as directoras xerais de Forensic e BFlow). Tamén haberá unha conversa entre Inmaculada Rodríguez, directora xeral de Unirisco, e Daniel Cerqueiro, presidente de Startup Galicia.
Para poder acudir ao evento está dispoñible un formulario de inscrición en liña, a través do que é posible remitir cuestións aos relatores, aínda que os interesados tamén poderán seguir o ciclo en directo a través da páxina principal dos diarios El Español, Invertia, Quincemil e Treintayseis, organizadores desta cita.

PUBLICIDADE