El Ejército de las Tinieblas inspira un xogo para iPhone

xoves, 12 de maio do 2011 Marcus Fernández

En 1992 a triloxía cinematográfica de Sam Raimi que comezara con Posesión Infernal rematou con El Ejército de las Tinieblas, título que está bastante fresco no mercado español por estrear varias edicións en DVD e Blu-ray o pasado mes de novembro, e que agora chega ao iPhone con Army of Darkness Defense, xogo que promete estar á venda só por tempo limitado e a un prezo de 0,79 euros.
O xogo permite tomar o rol de Ash Williams (papel interpretado por Bruce Campbell) nunha aventura a través do tempo para loitar contra o mal, de xeito que o carismático dependente de S-Mart deberá defender o castelo de Lord Arthur e o Necronomicón de hordas de mortos viventes para o que conta coa axuda de varios aliados. Destaca polos seus coidados gráficos caricaturescos, é compatible con Game Center, inclúe máis dun cento de simpáticas frases da película na que se inspira e tampouco faltan a escopeta e a motoserra que caracterizaban a Ash na súa loita contra místicas forzas malignas.

Os gráficos do xogo están moi coidados, transmitindo o carácter dos personaxes e o humor da película na que se inspira

PUBLICIDADE