El Arrebato e La Oreja de Van Gogh incorporan novos temas á SingStore

martes, 7 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Una Noche Con Arte de El Arrebato será unha das novidades que este xoves chegarán á SingStore

A tenda de descargas para o xogo SingStar recibirá o xoves unha chea de novidades entre as que destacan especialmente o tema Una Noche Con Arte de El Arrebato e as cancións Cuídate, Dile Al Sol, El Último Vals, Geografía e Soñaré de La Oreja de Van Gogh, que incrementarán así o catálogo de temas en español para o popular xogo musical da PlayStation 3 (aínda que hai que lembrar que El Arrebato xa conta con 2 cancións na SingStore, mentres que La Oreja de Van Gogh ten 6 pezas neste catálogo de descargas musicais).
A SingStore tamén acollerá dous novos paquetes de cancións de Couldplay compostos polos temas Clocks, Speed of Sound, The Hardest Part, The Scientist e Yellow e por Don’t Panic, In My Place, Lost, Trouble e Violet Hill, así como un paquete de cancións bastante curioso que xunta os temas A Broken Wing (Martina McBride), What Do You Think About That? (Montgomery Gentry), Born to Fly (Sara Evans), Honky Tonk Badonkadonk e You’re Gonna Miss This (Trace Adkins).
Xa de xeito independente incluiranse tamén o tema en italiano Non È Per Sempre (Afterhours) e as cancións en inglés Ant Music (Adam & The Ants), Solid (Ashford & Simpson), For Tomorrow e This Is A Low (Blur), If You Want My Love (Cheap Trick), Always e Sometimes (Erasure), 1-2-3 e Rhythm Is Gonna Get You (Gloria Estefan), Because Of You (Kelly Clarkson), Bounce With Me (Kreesha Turner), In Her Sun (Stupid) e That’ll Be Me (Krezip), No Surprises (Radiohead), Pretty Fly For A White Guy (The Offspring), Song For You (The Poodles), Don’t Hate On Me (Vincent) e Don’t Go (Yazoo).

PUBLICIDADE