Económica videocámara para o automóbil
venres, 28 de xaneiro do 2011
A
tenda chinesa en liña Chinavasion incorpora ao seu catálogo de produtos un novo
sistema de gravación de vÃdeo para o automóbil con detección de movemento
que pode colocarse no parabrisas ou no salpicadeiro para rexistrar algún
accidente no que poidamos tomar parte, de xeito que axudarÃa a dilucidar
responsabilidades a posteriori, podendo aproveitarse esta cámara para outro
tipo de usos (coma o seu uso coma cámara de vixilancia aproveitando as súas
funcións de detección de movemento).
A cámara CVSB-DC38 ten un sensor CMOS de 1,3 MpÃxeles, de xeito que é capaz de
tomar imaxes de 1.600 x 1.200 pÃxeles en formato JPEG ou gravar vÃdeo en AVI a
unha resolución de 640 x 480 pÃxeles, empregando coma soporte tarxetas SD de
ata 32 Gb (inclúe unha de 2 Gb). Tamén integra micrófono, visión nocturna, saÃda
de vÃdeo (o dispositivo pode funcionar en modo
reprodución), soporte con ventosa e cargador para o automóbil. A súa
baterÃa de 1.020 mAh permÃtelle unha autonomÃa de ata 3 horas, e o máis
sorprendente deste produto serÃa o seu prezo de só 28,96 euros (para unidades
soltas, pois existe a posibilidade de acadar descontos por volume).