Economía mellorará con formación TIC a empregabilidade da mocidade compostelá

venres, 6 de setembro do 2019 Redacción

A Xunta vai poñer o foco na formación tecnolóxica da mocidade de Compostela e a súa contorna. Segundo vén de informar a Consellería de Economía, en datas vindeiras impartirase un obradoiro TIC de garantía xuvenil para mozos e mozas menores de 30 anos en Santiago. O curso permitirá que 16 persoas desempregadas se formen en desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web. A duración deste obradoiro será de 6 meses. A parte práctica consistirá na análise, deseño e construción dun portal temático da sustentabilidade e participación cidadá. O orzamento da actividade formativa será duns 180.000 euros.
Ademais deste curso na cidade, na comarca de Santiago terán lugar dous obradoiros de garantía xuvenil organizados pola Xunta de Galicia en colaboración cos concellos de Rois agrupado con Padrón e Dodro e de Val do Dubra agrupado con A Baña, Santa Comba e Negreira. O obradoiro de Rois centrarase na especialidade de Confección e Publicación de Páxinas Web e contará cun investimento da Xunta de 112.000 euros. O obradoiro de Val do Dubra constará das especialidades de Agricultura Ecolóxica e Animación Físico-Deportiva e Recreativa cun investimento de 180.000 euros.

PUBLICIDADE