EGANET abre cunha xornada divulgativa a súa colaboración con BIC a prol da nosa competitividade

luns, 27 de xuño do 2011 Fernando Sarasketa

O centro social de Novacaixagalicia na praza de Cervantes en Santiago, sede da sesión

A asociación galega EGANET organiza esta semana, o 28 de xuño a partir das 10.00 horas, unha xornada sobre os beneficios do traballo en común no camiño da innovación empresarial e do espallamento TIC alén das nosas fronteiras. O encontro, que será o comezo dun novo proxecto en colaboración con BIC Galicia, servirá entre outras cousas para avaliar en detalle as actividades que se van desenvolver nos vindeiros meses en materia de traballo ombro con ombro entre as dúas entidades a prol do sector galego das novas tecnoloxías.
O obxectivo desta primeira sesión (a celebrar na sala de conferencias do Edificio de Novacaixagalicia na praza de Cervantes) e de tódalas restantes: axudar ás empresas a coñecer mellor o seu modelo de negocio e a súa posición de cara a competir.
A xornada preséntase baixo o epígrafe: A cooperación entre empresas: as alianzas estratéxicas. Este será, tamén, o nome que abranguerá as actividades do dito proxecto de colaboración EGANET-BIC, incluíndo unha segunda fase para só dez entidades seleccionadas sobre a organización e a avaliación financeira de cada firma participante (con resultado do informe de valor de cada unha) e unha terceira fase que amosará as posibilidades de gañar volume dentro das empresas beneficiarias.

PROGRAMA DA XORNADA DO DÍA 28

10:00 Apertura e Presentación
Da. Maite Candelo, Directora Xeral de BIC Galicia
D. Víctor López, Presidente de EGANET

10:30 Conferencia: La cooperación empresarial. Modalidades. Experiencias.
Especial referencia ao sector TIC
D. Fernando Martínez Valdueza, Consultor

11:45 Conferencia: La orientación a la cooperación como rasgo diferencial de la cultura empresarial
Dª. Alejandra Mosteiro Catoira, socia directora de Extend, Recursos Humanos

12:30 Coloquio cos asistentes

PUBLICIDADE