EA ofrece de balde o clásico SimCity 2000

mércores, 10 de decembro do 2014 Marcus Fernández

Un dos xogos de Electronic Arts máis valorados polos amantes do retro son as primeiras entregas da franquía SimCity, e para satisfacelos EA decidiu engadir o clásico SimCity 2000 á sección Invita La Casa de Origin, o que permite que calquera usuario da plataforma de xogos en liña para PC de EA poidan incorporar este título á súa biblioteca de xogos totalmente de balde por tempo ilimitado, cando normalmente ten un prezo de 5,99 euros.
Aínda que non conte cos alardes gráficos do SimCity actual, en SimCity 2000 podemos introducirnos nas súas mecánicas de xogo, xestionando os recursos dunha cidade para manter á poboación contenta, saudable e segura, no que algúns verán como un xeito de iniciarse neste xénero, mentres que outros o verán como un excelente xeito de viaxar no tempo e rememorar un título que marcou unha época.

O xogo SimCity 2000, pese a ter uns gráficos moi básicos, goza dunha mecánica que aínda hoxe está vixente.

PUBLICIDADE