EA merca PopCap Games por 750 millóns de dólares

martes, 12 de xullo do 2011 Marcus Fernández

Plantas contra Zombis</Em> é un dos grandes éxitos de PopCap Games

Pese a que o sector dos videoxogos continúa en crecemento, as consolas de videoxogo non cesan de perder peso fronte aos xogos móbiles e sociais, o que levou a Electronic Arts a mercar PopCap Games, compañía detrás de títulos como Bejeweled e Plantas Contra Zombis, por 650 millóns de dólares en efectivo e outros 100 millóns de dólares en accións e incentivos. O tamaño desta operación parece elevado, pero podería ser menor do agardado, xa que o valor estimado da compañía era duns 1.000 millóns de dólares.
EA xa adquiriu hai pouco a Firemint, compañía que desenvolve xogos para iOS, e coa compra de PopCap Games reforza aínda máis a súa división de xogos móbiles e sociais, para chegar a unha audiencia maior.

PUBLICIDADE