EA lanza un novo xogo de billar para o iPod

mércores, 1 de agosto do 2007 Marcus Fernández

O soporte de xogos por parte dos últimos modelos do iPod abriu a porta a un negocio no que entraron fabricantes tradicionais coma Electronics Arts, que tralo seu xogo de bolos dos Sims lanza agora o The Sims Pool, que permite xogar ó billar dende o reprodutor multimedia de Apple.
O xogo permite crear e personalizar o noso Sim, e seleccionar entre distintos modos de xogo (9 bolas, 8 bolas e trucos), cunha interface de xogo que nos pode facer lembrar o clásico dos salóns recreativos Pocket Gal, podéndose xa mercar na tenda en liña de Apple por 4,99 euros.

PUBLICIDADE