EA estrea varios videxogos para Mac OS X

luns, 20 de agosto do 2007 Marcus Fernández

A tenda de Apple vén de incorporar 4 xogos de Electronic Arts para Mac que, aínda que chegan con certo retraso, de seguro que agradarán ós usuarios de ordenadores da compañía de Steve Jobs, que tradicionalmente contan cunha oferta moi reducida de títulos.
Así, dende mañá xa estarán no mercado os xogos Harry Potter y la Orden del Fénix e Need for Speed Carbon, mentres que Battlefield 2142 e Command & Conquer 3 Tiberium Wars chegarán o martes da vindeira semana.
Estes títulos podería ser só un avance do que EA preparará para o futuro, xa que é posible que nos vindeiros meses achegue unha importante oferta de xogos para Mac OS X valéndose dun motor de portabilidade que permite adaptar os xogos sen ter que reescribir o seu código fonte. Esta solución non será a óptima, pero permitirá que os maqueiros podan achegarse así a xogos coma Madden NFL 08 e Tiger Woods 08 sen ter que contar cunha licenza de Windows.

PUBLICIDADE