EA está a traballar no novo xogo de Harry Potter

mércores, 23 de abril do 2008 Marcus Fernández

O xogo permitirá os duelos de magos

Como era de agardar, a película Harry Potter y el Misterio del Príncipe, que chegará ás grandes pantallas este ano, contará con adaptacións en forma de videoxogo en case todas as plataformas existentes da man o estudo EA Bright Light.
O novo xogo que narra o sexto ano de Harry Potter en Hogwarts permitirá loitas entre magos, facer pocións máxicas e participar no torneo de Quidditch. Como era de agardar, a versión para Nintendo Wii terá un sistema de control único, pero iso non quita que estean á altura as adaptacións para PlayStation 3, Xbox 360, PlayStation 2, PSP, Nintendo DS, PC, Mac OS X e dispositivos móbiles.
Para coidar o realismo do xogo, os seus responsables están a colaborar estreitamente cos creadores da película para «crear unha experiencia interactiva e inmersiva que capture a historia, a acción, a excitación e, sobre todo, a diversión da película».

PUBLICIDADE