EA encargarase dos vindeiros xogos de Star Wars
martes, 7 de maio do 2013
- Star Wars 1313 é un prometedor xogo que estaba a piques de rematar o seu desenvolvemento cando se disolveu LucasArts
Tras o peche do estudio de
videoxogos LucasArts quedaba no aire a incógnita do que serÃa dos xogos en
desenvolvemento Star Wars 1313 e Star Wars: First Assault, asà como dos
futuros tÃtulos baseados no universo de Star Wars (que é de agardar que sexan
moitos agora que Disney pretende explotar intensamente a franquÃa en pantalla
grande) e Electronic Arts vén de acender unha luz de esperanza para os
seareiros da saga galáctica anunciando
que chegou a un acordo con Disney para facerse co control dos xogos de Star Wars para ordenadores, consolas,
tablets, móbiles e outras plataformas.
AÃnda que polo momento non confirmaron que fosen a recuperar os dous xogos que estaban en desenvolvemento, o que si comentaron foi que os estudios que collerán este facho serán BioWare, DICE e Visceral, que traballarán nos xogos que adaptarán as seguintes pelÃculas da saga e outras historias orixinais, apostando para mover todo este universo de ciencia ficción con grande fidelidade gráfica polo motor Frostbite 3 (o que poderÃa significar que deixarÃa á Wii U fóra dos seus plans ou, cando menos, afastada dos seus xogos máis importantes).