EA anuncia un novo Battlefield de balde
venres, 5 de novembro do 2010
Electronic
Arts anunciou un novo tÃtulo da saga bélica Battlefield que formará parte da
liña de xogos para ordenador Play4Free, ou sexa, que poderá xogarse de balde. Battlefield
Play4Free permitirá enfrontar a 32 xogadores
repartidos nos bandos de EE.UU. e Rusia,
sendo gratuÃto o comezar a xogar, pero
lembremos que este tipo de xogos precisan de certos pagamentos no caso de
querer facermos con armas e equipamento de certo nivel que permitan gozar dunha
experiencia de xogo completa.
Este xogo incluirá mapas de Battlefield 2
e clases e armas de Battlefield: Bad
Company 2, e está previsto o seu lanzamento para a primavera de 2011,
aceptándose xa inscricións para a
súa fase de probas. Os responsables de Battlefield
Play4Free queren atraer ao meirande número de seareiros dos xogos tipo shooter que buscan
unha experiencia no PC que poida rivalizar cos principais xogos de consola.
Primeiro trailer de Battlefiled Play4Free
- Pese a ser un xogo de balde, Battlefield Play4Free gozará duns gráficos excelentes