Dynasty Warriors 6 volverá en versións para PC e PS2

martes, 19 de agosto do 2008 Marcus Fernández

A versión para PC será como a de PS3 e Xbox 360

O xogo Dynasty Warriors 6, que chegara ás tendas españolas para Xbox 360 e PS3 a comezos de ano, contará con versións para PlayStation 2 e PC para o 18 de novembro, confirmando que as consolas de alta definición non son as únicas plataformas a ter en conta no presente para este tipo de títulos.
A versión para PC será moi semellante ás actuais, mentres que a de PS2 chegará coma un paquete con 2 discos que incluirá os escenarios do lanzamento orixinal aos que se engadirán contidos exclusivos coma un modo historia Musou, novas armas, 5 novas fases e 10 novos escenarios.

Dynasty Warriors 6 para PS2 engadirá novidades ao xogo

Este xogo de acción táctica presenta uns combates realmente impresionantes, aínda que non está recomendado para nenos pola súa violencia.
A versión para PC precisará dun equipo moderadamente potente (mínimo un Pentium IV a 1,6 GHz con 512 Mb de RAM e con tarxeta de vídeo compatible con DirectX 9.0c+, recomendándose o seu uso dende equipos con procesador Core 2 Duo a 2,4 GHz ou superior e con tarxetas gráficas a partir dunha ATI Radeon X1650 ou unha nVIDIA GeForce 7600).

PUBLICIDADE