Durante uns días poderase xogar de balde en Xbox LIVE e obter de balde Borderlands: Una Colección Muy Guapa

xoves, 27 de outubro do 2016 Marcus Fernández

Microsoft quere animar aos usuarios de Xbox 360 e Xbox One que aínda non paguen por unha subscrición Gold de Xbox LIVE a que dean o salto, polo que dende hoxe e até o día 30 permiten gozar do xogo en liña totalmente de balde, polo que os que teñan xogos con tal opción (dende shooters até xogos deportivos) poderán probar o multi-xogador e, por se algún usuario aínda non conta con ningún título deste tipo, completan a promoción ofrecendo de balde para usuarios de Xbox One Borderlands: The Handsome Collection, tamén coñecido como Borderlands: Una Colección Muy Guapa, que é unha recompilación das versión definitivas de Borderlands 2 e Borderlands: The Pre-Sequel adaptadas ás consolas de nova xeración.
Entre os detalles máis interesantes deste xogo é que conta coa posibilidade de que até 4 xogadores poidan xogar en local a pantalla partida (polo que non só resulta atractivo para subscritores Gold) aínda que a mellor experiencia conséguese xogando en liña con até 4 xogadores.

Vídeo promocional dos días de multi-xogador de balde en Xbox LIVE

PUBLICIDADE