Duke Nukem Forever sairá o 10 de xuño

xoves, 24 de marzo do 2011 Marcus Fernández

Que tras 15 anos de espera o xogo Duke Nukem Forever, considerado como un dos casos de vaporware máis esaxerado do mundo dos videoxogos, chegará finalmente este ano, pero a súa data de lanzamento parece cousa de broma, xa que tras anos de retrasos, 2K Games e Gearbox Software veñen de anunciar que adían o xogo do 6 de maio ao 10 de xuño, o que souberon facer con moito humor, pois publicaron un vídeo no que o presidente de Gearbox, Randy Pitchford, está a falar entusiasmado de Duke Nukem Forever xusto cando mudan a data de saída do xogo, co consecuente enfado.
Pola súa banda, o presidente de 2K Games, Christoph Hartmann, agradeceu a paciencia aos seareiros do Duke e prometeu que non os farán agardar «outros 15 anos».


O divertido vídeo de Randy Pitchford no que anuncian a nova data de lanzamento de Duke Nukem Forever

PUBLICIDADE