Dúas webs galegas, entre as mellores do mundo polo seu deseño
venres, 12 de xuño do 2009
- Gonzalo GarcÃa Figueroa e Miguel GarcÃa GarcÃa, directores de Grupo Promedia
A prestixiosa publicación internacional de deseño web, Web Design Index by Content, que recolle
as mellores páxinas do ano e arquÃvaas en categorÃas por sectores profesionais,
vén de seleccionar, no seu último número, dous traballos realizados pola
empresa compostelá Grupo Promedia, que son,
cursoimplantologia.com
e afabricadevilanova.com,
dous sitios web que a firma galega desenvolveu para distintos clientes no
último ano.
Os criterios de selección seguidos por esta publicación de
referencia no sector para escoller os sitios do ano, baséanse na calidade, na
innovación e na eficacia do deseño, cualidades que reunÃan de sobra as dúas
webs galegas, desenvolvidas, respectivamente, para a Unidade Docente de
CirurxÃa Oral da Facultade de OdontoloxÃa da USC e para o restaurante A Fábrica
de Vilanova, do laureado chef André Arzúa, de Allariz.
Na imaxe, os empresarios Gonzalo GarcÃa Figueroa e Miguel
GarcÃa GarcÃa, directores do Grupo Promedia.