Dream Machine permite crear vÃdeos partindo de textos e imaxes
venres, 14 de xuño do 2024
Hai uns meses os creadores do ChatGPT, OpenAI, anunciaron Sora, un modelo de IA capaz de crear escenas de vÃdeo de grande realismo, que promete uns resultados moi superiores ao de proxectos como Gen-2 Runway ou Lumiere, pero esta tecnoloxÃa está aÃnda nunha fase de probas pechada a uns poucos afortunados, de aà que o lanzamento de Dream Machine por parte de Luma AI estea a causar furor, xa que esta ferramenta de xeración de vÃdeo mediante IA está dispoñible de balde en aberto.
Dream Machine é un modelo de intelixencia artificial capaz de xerar vÃdeos realistas de grande calidade partindo de texto e imaxes e, aÃnda que actualmente presenta bastantes erros, fai doado crear secuencias de acción partindo de imaxes estáticas, asà como crear mundos con personaxes consistentes e captura a atención do espectador a través de movementos de cámara cinematográficos, polo que as súas posibilidades de creación son moi grandes, e as redes sociais están a inundarse de pequenos vÃdeos nos que demostran esta ferramenta capaz de levar imaxes á vida dun xeito impactante.
Dende Luma AI recoñecen que Dream Machine aÃnda ten problemas coa xeración de texto, con algúns movementos e coa transformación de suxeitos (que poden non manter a súa coherencia fÃsica), pero falamos dunha ferramenta que está aÃnda en desenvolvemento, e na súa forma actual xa pode resultar moi atractiva para experimentar coa creación de vÃdeo sintético.