Dragon Ball Z: Battle of Z</Em> incluirá unha figura de Son Goku nunha edición para coleccionistas
luns, 4 de novembro do 2013
Aproveitando a celebración do XIX Salón do Manga en
Barcelona dende Namco Bandai Games Europa tiveron a ben anunciar que o vindeiro
24 de xaneiro teremos nas tendas de videoxogos españolas o xogo Dragon
Ball Z: Battle of Z que contará con versión para PlayStation 3, Xbox
360 e PlayStation Vita e, aparte da súa edición estándar, tamén contará cunha Goku Edition que incluirá distintos
contidos adicionais como un traxe descargable co que podemos disfrazar a Son
Goku de Naruto, un libro de ilustracións e unha figura de Son Goku
(Superguerreiro) de 25 centÃmetros de altura. Esta edición especial só estará
dispoñible nas versións doméstica do xogo.
Este xogo de loita gozará dun sistema de combates en equipos de ata 4
xogadores, que poderán loitar en liña contra hordas de adversarios ou
realizando grandes batallas de 8 participantes. Aparte de combates ordinarios
corpo a corpo, non faltarán as loitas contra inimigos de grandes dimensións,
como Vexeta convertido nun mono xigante.
Outra das novidades deste xogo será a aparición de personaxes inéditos nos
xogos de Dragon Ball, extraÃdos do
último filme animado da franquÃa (Dragon Ball Z: La
Batalla de los Dioses).
- A Goku Edition incluirá unha figura de 25 centÃmetros de Son Goku
Trailer do novo xogo de Dragon Ball