Doushan, un novo clon chinés de Snapchat

mércores, 16 de xaneiro do 2019 Marcus Fernández

A Bytedance non lle chega co éxito de TikTok, e vén de lanzar unha nova aplicación móbil, Doushan, que vén a ser unha aplicación para compartir vídeos de curta duración que só manteranse na plataforma á vista durante 72 horas, o que podemos considerar como un clon de Snapchat, aínda que polo momento limita a súa distribución ao mercado chinés.
Un detalle curioso de Doushan é que os gústames e os comentarios non se exporán de xeito público, senón que ofreceranse aos usuarios en privado. Tamén busca un funcionamento minimalista, de xeito que basicamente só permite publicar novos vídeos ou descubrir vídeos doutros usuarios.
Resulta rechamante que haxa compañías que ousen entrar nun segmento de aplicacións que está dominado por xigantes como Instagram, pero cómpre salientar que en mercados como o chinés os servizos de compañías como Google ou Facebook están vetados, polo que queda cancha para plataformas sociais alternativas.

PUBLICIDADE